
O centro
Abrimos as nosas portas en marzo de 2017, poñendo en marcha así un proxecto que busca dar unha resposta de calidade ás necesidades de saúde da nosa poboación, dende un punto de vista multidisciplinar.
Somos un equipo de profesionais amplamente cualificadas na área da saúde e en constante formación nos campos da Fisioterapia, a Nutrición Humana e a Actividade Física e Deportiva.
A innovación, a actualización continua e o crecemento persoal e profesional son os nosos rasgos de identidade.

Leticia González
Graduada en Fisioterapia.
Graduada en Nutrición Humana e Dietética.
Especializada en Exercicio Terapéutico, Suelo Pélvico e en constante formación en diversas técnicas de terapia manual (Punción Seca, Vendaxe Funcional, Neurodinamia, Concepto Mulligan, etc.)
Amplia experiencia profesional en reeducación de hábitos alimentarios e especializada en obesidade.


Laura Pereiro
Graduada en Fisioterapia.
Especializada en disfuncións da ATM, Drenaxe Linfático Manual e vendaxe, Concepto Mulligan, Exercicio Terapéutico e método Pilates.
Miriam Amado
Graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Técnica Superior en actividades físico-deportivas.
Especializada en entrenamentos persoais, entrenamento propioceptivo, Pilates e Ioga

Instalacións
Poñemos á túa disposición unhas amplas e acolledoras instalacións pensadas para que te sintas coma na túa casa, con estancias perfectamente equipadas e material variado de última xeración
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |