FISIOTERAPIA
Disciplina da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica, co fin de paliar os síntomas de doenzas agudas ou crónicas mediante técnicas físicas e/ou exercicio terapéutico, aplicado por un/unha profesional sanitario/a titulado/a, o/a fisioterapeuta.
Consúltanos o teu problema e asesorarémosche de qué maneira podemos axudarche.

Terapia Manual
Aplicamos movementos precisos coas mans co fin de modular a dor, aumentar o rango de movilidade articular, mellorar o edema e a inflamación, inducir relaxación dos texidos...
-
Masoterapia.
-
Técnicas miofasciais.
-
Cinesiterapia.
-
Neurodinamia.
-
Técnicas viscerais.
-
Drenaxe linfático manual.
Outras aplicacións: kinesiotaping, punción seca, ganchos, presoterapia...

Suelo Pélvico
Evaluamos, previmos e tratamos as disfuncións do suelo pélvico.
Algunhas das disfunción nas que pode axudar a fisioterapia pelvi-perineal son:
-
Incontinencia urinaria.
-
Urxencia urinaria.
-
Incontinencia fecal ou de gases.
-
Prolapsos (descenso de órganos pélvicos).
-
Dor perineal e disfuncións sexuais (vaxinismos, dispareunia).
-
Estreñimento terminal.
-
Embarazo e post-parto.

Disfuncións da
ATM
Valoramos e tratamos as alteracións funcionais da articulación témporo-mandibular.
A fisioterapia nas disfuncións témporo-mandibulares actúa a nivel articular, muscular, capsular e ligamentario. Así mesmo, establece unha correlación co segmento superior da columna cervical e a postura global do paciente.

Exercicio Terapéutico
Realizamos unha pauta individualizada de exercicios de carácter terapéutico e preventivo, previa valoración do paciente, co fin de previr ou mellorar unha disfunción.
As sesións de exercicio terapéutico individualizadas están indicadas naqueles pacientes con disfuncións ou patoloxías que precisan unha maior atención e aprendizaxe: lumbalxias de carácter agudo e crónico, hernias discais, ciáticas, discinesis escapular, cervicalxias, pacientes con movilidade reducida e comorbilidades...