MOVEMENTO
Na actualidade vivimos nun contexto de aumento de enfermidades derivadas do estilo de vida, onde o sedentarismo é un dos principais responsables deste paradigma.
O movemento é esencial para o corpo humano e precisamos da actividade física para mellorar as nosas funcións cardio-respiratoria, muscular, ósea, articular, ademais de estar contribuíndo á prevención de enfermidades crónicas e disminuíndo a mortalidade asociada.
No noso centro podes atopar unha gran variedade de actividades impartidas por profesionais cualificadas, elixe a que máis se adapte a ti e comeza a moverte!

Pilates
Tonifica a musculatura, mellora a postura e esquema corporal, a forza e resistencia, a flexibilidade, traballa o control respiratorio, equilibrio e coordinación.
Grupos reducidos

Ioga
O ioga apórtanos os beneficios físicos da actividade muscular e postural que implica, tendo como protagonista a mellora da flexibilidade, a conciencia corporal e o equilibrio
Grupos reducidos

Hipopresivos
Ximnasia postural que provoca unha disminución da presión intraabdominal en apnea.
Activa especialmente a musculatura profunda do abdomen e a do periné sendo útil así na mellora de síntomas en patoloxías como hernias discais, inguinais, prolapsos, incontinencia urinaria...
Grupos reducidos

Aéreo
Obterás os beneficios físicos do pilates e do ioga dunha maneira diferente e divertida.
Facilita as inversións, a conexión corpo-mente e a relaxación.
Grupos reducidos

Readaptación física
Área de traballo que ten como obxetivo principal axudar ao paciente/deportista a recuperar un estado físico e funcional adecuado tras unha lesión, permitindo así a realización das actividades da vida diaria ou a práctica deportiva con normalidade e previndo lesións futuras.

Entrenamentos persoais
Plan de entrenamento personalizado e adaptado 100% a ti.
Individual, en parella ou en grupo