Cóidate na casa

Vivimos un momento difícil de illamento social e incertidume, sendo difícil de precisar ata cando permanecerá esta situación derivada do coronavirus.

As autoridades sanitarias pídennos responsabilidade e respecto pola nosa propia saúde e a do noso entorno social.

Nun esforzo por adaptarnos a esta nova situación queremos estar cerca de ti e seguir coidando da túa saúde, por iso, se ti non podes acercarte a visitarnos pero non queres deixar de facer a rutina que che fai sentir ben, entramos nós na túa casa para que te sigas coidando coma sempre!

PILATES, IOGA E HIPOPRESIVOS

Recibe vídeos cada semana para que poidas visualizar e facer no momento que ti desexes.

 

Participa en clases EN DIRECTO de mañá e tarde 

ENTRENAMENTOS PERSOAIS E CIRCUITOS DE ENTRENAMENTO EN GRUPO

Recibe a túa táboa de exercicios personalizada

 

Circuitos de entrenamento en directo

CONSULTA DE NUTRICIÓN ONLINE

Consulta de nutrición por vídeochamada mantendo a mesma dinámica e calidade que de maneira presencial.