top of page

NUTRICIÓN

A alimentación é un dos pilares básicos da saúde, e como tal, alimentarse de maneira correcta e adaptada ás circunstancias persoais de cada individuo será fundamental para conservar a nosa saúde e calidade de vida futura.

Non só estaremos garantizando o bo funcionamento do noso organismo senón que estaremos reducindo o risco de padecer enfermidades a curto e longo prazo.

Patoloxías moi comúns hoxe en día coma a diabetes, a hipertensión, o colesterol elevado, as enfermidades cardiovasculares, certos tipos de cancro... están moi relacionadas co estilo de vida.

Na nosa man está cambiar este paradigma e facer da nosa alimentación unha medicina que nos garantice un corpo saudable por moitos anos.

IMG_1170.jpg

Como dietista-nutricionista, profesional sanitaria especialista en nutrición, con titulación universitaria, podo guiarche no proceso de cambio de hábitos, resolvendo as túas dúbidas e axudando a manter a motivación necesaria para acadar obxetivos individuais pouco a pouco.

Reeducación de hábitos

Nunha entrevista presencial (ou online) analizamos os teus hábitos actuais e realizamos unha valoración física (esta última opcional).

Posteriormente establécense uns obxetivos, sempre en mutuo acordo e tendo en conta as túas posibilidades e circunstancias persoais.

Aos poucos días, recibirás un plan nutricional individualizado completo e estarei á túa disposición para a resolución de dúbidas en calquera momento.  

Nutrición clínica

Atendemos situacións patolóxicas susceptibles de mellorar coa alimentación:

  • Sobrepeso e obesidade.

  • Dislipemias (colesterol e triglicéridos).

  • Diabetes tipo I e II.

  • Síndrome de intestino irritable.

  • Enfermidade de Crohn.

  • Hipotiroidismo.

  • Enfermidades de base inflamatoria.

  • Endometriosis. Síndrome de ovario poliquístico

  • Hernia de hiato.

  • Estreñimento.

Nutrición nas etapas da vida

Cada momento da vida é único e ten unhas necesidades nutricionais especiais:

  • Alimentación na etapa infantil e adolescencia.

  • Alimentación na menopausia.

  • Nutrición na terceira idade.

  • Nutrición no embarazo e lactancia.

Menús para

colectividades

Elaboración de menús mensuais equilibrados e adaptados a necesidades especiais dos usuarios.

Declaración de alérxenos

bottom of page