• clinicaleticiagonz

10 cambios para restar sumando

No noso día a día podemos tomar decisións que, sen darnos a penas conta, marcan a diferencia.


Unha boa alimentación, baseada en alimentos saudables e realmente nutritivos, non é sinónimo de comer sen pracer, todo depende de ti!



Con simples cambios coma os que citamos a continuación non só restas calorías (non é aquí o importante), senón que suprimirás azucres engadidos innecesarios, grasas vexetais refinadas que nada nos aportan, fariñas refinadas e almidóns, aditivos innumerables... E sobre todo gañarás moreas de nutrientes que coidan de cada célula que forma o teu corpo!


1- Iogur de sabores por iogur natural con froita


Se vas mercar un iogur recorda que queres mercar un iogur, non un postre lácteo. Se che apetece variar de sabor, nada máis sinxelo que picar unha pouca froita e mezclar co iogur natural (si si, sen azucre nin edulcorante, así a pelo!).


Podes tamén engadir froitos secos (ao natural ou tostados, evita os fritos e salados), sementes ou cereais (copos de avena, grans inflados, copos de millo...) e asegúroche que en poucos días non quererás saber nada do sabor artificial dun mal chamado iogur de fresa.


2- Zume de laranxa por peza de froita enteira


A todos nos costa asimilar que ese zume de laranxa "de toda a vida" non é tan maravilloso como pensábamos, ou polo menos non como para tomalo cada día. Se o tomas porque é saudable xa que o exprimes ti na casa directamente da laranxa, pero resulta que o bo da laranxa o estás tirando á basura... pois é un sinsentido!


Agora que xa o sabes cambia a túa boa intención e tómate esa laranxa enteira ou a froita que che apeteza nese momento, mellor de tempada que estará máis rica!




3- Mermelada por compota caseira de froita


Nin con azucre nin sen él (levará unha boa morea de edulcorantes), esa tostada do almorzo que tanto adoras pode ser igual de saborosa cunha opción máis natural e saudable.

Elixe a froita que desexes, mellor madura para que sexa máis doce (mazá, fresas, frambuesas, kiwi, melocotón...), sen pel, trocea nunha pota e engade zumo de limón (para 1kg de mazás, medio limón, por exemplo). Remove para que se impregnen ben e tapa deixando que se vaian desfacendo a lume baixo e soltando o seu propio líquido.


Podes empregar tamén unha vaina de canela ou esencia de vainilla para aromatizar e se a prefires máis espesa proba a engadir unha cullerada de sementes de chía ao final. O tempo dependerá do tipo de froita que empregues e do madura que estea (á mazá lévalle máis tempo que ás fresas ou frambuesas, por exemplo).


4- Cereais de almorzo refinados por cereais integrais


Nin os que prometen coidar a túa liña nin aqueles que fan medrar aos teus fillos... Se precisan presumir de tantas cualidades será porque carecen de todas elas, xa o di o refrán...


Hoxe en día cada vez é máis sinxelo atopar cereais de calidade, 100% integrais, ricos en fibra de maneira natural, en vitaminas e minerais, sen verdades a medias.


Vótalle un ollo á lista de ingredientes do etiquetado e comproba ti mesma/o que o que mercas é un bo cereal, de máxima calidade (copos de avena, copos de millo s/ azucres, arroz ou quinoa inflada, mezcla de distintos cereais integrais sen outros engadidos...).




5- Pan ultraprocesado por pan 100% integral


Mercar un pan de calidade case é misión imposible, por iso debes informarte ben sobre a súa composición alí onde o merques (fariña 100% integral, auga, levadura e sal).



Con eses mesmos ingredientes podes elaboralo ti na casa, é moi sinxelo, simplemente cuestión de práctica, cada vez che sairá mellor. Ademáis, como se trata de un pan natural será máis saciante e seguramente disminuirás a túa ración pan á hora de comer.



6- Conservas en salsa por conservas ao natural ou en aceite de oliva


As conservas son unha estupenda opción cando o noso tempo é escaso e non podemos tirar de producto fresco ou cociñar. Os avances na tecnoloxía alimentaria ofrécennos un bo producto, ben conservado, para usar de maneira instantánea.


Elixe aquelas onde a materia prima veña na súa forma máis natural (latas de atún, salmón, mexillóns, berberechos ao natural, caballa, sardinillas en aceite de oliva, botes de legumes ou vexetais...), poden ser as nosas grandes aliadas.



7- Chocolate azucarado por chocolate >85% de cacao


O chocolate pode ser un alimento de uso diario, ¿por qué non?



Elixe un que conteña como mínimo un 85% de cacao pois recorda que o resto de porcentaxe será azucre.


Se reeducas o teu gusto pouco a pouco, en menos días dos que pensas aceptarás sen problema sabores máis puros, sen necesidade de camuflar o sabor real dos alimentos.


Anímoche a que intentes facer o mesmo co café ou as infusións e que vaias reducindo a cantidade de azucre que lle votas (tamén de edulcorante), así a túa necesidade de doce descenderá e aceptarás os alimentos tal e como saben realmente, sen camuflalos.


8- Patacas fritidas por patacas asadas



Non tes que renunciar a ese acompañamento ideal de carnes e peixes que tanto nos gusta á maioría. E ademáis estarás aforrando aceite e mantendo a cociña impecable!


Trocea as patacas nun bol como fas normalmente para fritilas, engade un chorriño de aceite de oliva virxe extra e sal. Tamén podes condimentar con allo en polvo e perexil seco que lle dará un toque de sabor ideal. Mezcla ben para que se impregnen, extende sobre a placa de forno con papel vexetal e en 35-40 minutos estarán listas!



9- Doces ultraprocesados por doces saudables


Un postre ese día "especial" non será o que che faga dano, pero se na túa rutina están presentes con máis frecuencia da desexada pode que teñas que considerar facer algún cambio.


Vale... que ti eres da/os que non mercas ultraprocesados no supermercado senón que os fas na casa e sabes o levan... ¿Pero que empregas realmente? Azucre branco, aceite de xirasol, fariña refinada... Ingredientes de nula calidade nutricional igualmente.



Reduce o azucre que empregas (se acostumbras o teu paladar non precisarás ese nivel de doce) ou substitúe por azucres naturais (dátiles, plátano maduro, mazá asada...), elixe fariñas integrais (de trigo, espelta, avena...) e selecciona unha grasa máis saudable (mantequilla ou aceite de oliva virxe extra).


Non terán moitas menos calorías pero si che aportarán máis beneficios para a túa saúde!


10- Salsa de tomate por tomate natural triturado


Saberás que cando empregas salsa de tomate non estás engadindo tomate aos teus pratos senón unha boa ración de azucres e aceite vexetal refinado, ademáis estarás potenciando o sabor dos teus pratos de maneira artificial alterando o gusto do teu paladar.


Elabora ti mesma/o a salsa con tomates maduros, un chorriño de aceite de oliva virxe extra e allo ou cebola ao gusto. Senón, podes mercar latas de tomate natural triturado xa listo para engadir ás túas preparacións e non te complicas nada!



E ti...? Anímaste a facer algún cambio para mellorar a túa alimentación?


11 views0 comments