• clinicaleticiagonz

A fisioterapia, para que nos entendamos!

Updated: Apr 29, 2020

A fisioterapia é unha profesión cada vez máis coñecida, demandada e valorada, que busca un alivio da dor, limitación ou lesión que merma a nosa calidade de vida. Sí... xa non podemos vivir sen ela e a fisio é unha máis da familia...


Todo o que implica a fisioterapia fai que sexa unha das profesións máis bonitas e agradecidas, sobre todo polo seu grande impacto na vida e na saúde das persoas.


Pouco a pouco queda máis relegada a falsa creencia da/o fisioterapeuta como masaxista, pois somos máis conscientes da enorme cantidade de áreas que abarca a fisioterapia, o que fai que cada vez máis fisios opten por unha especialización concreta (lesións traumatolóxicas, deportivas, fisioterapia respiratoria, suelo pélvico, cardio-vascular, neurolóxica, infantil, osteopática...) aumentando así a súa eficacia.


A/o fisioterapeuta ten os coñecementos necesarios para o diagnóstico das disfuncións dos seus pacientes e no seu defecto para a súa derivación ao profesional sanitario correspondente. Se hai alguén que sabe cando NON debe poñerche as mans encima, ten por seguro que ese será o/a fisioterapeuta, aspecto que nos define e diferencia daqueles pseudoprofesionais sanitarios que practican irresponsablemente o intrusismo.


A súa abordaxe está centrada na búsqueda da causa desa disfunción que che afecta, podendo tratar así o problema de raíz. E conta cun arsenal terapéutico amplio e eficaz para unha solución definitiva dos teus síntomas (técnicas manuais diversas, exercicio terapéutico e reeducación postural según distintos métodos, técnicas instrumentais cada vez máis innovadoras e específicas...).


O principal obxetivo é reeducar e guiar as túas propias estructuras corporais para que elas mesmas acaden un funcionamento óptimo e non sexan motivo de dor. Parte deste obxetivo conséguese dotándoche a ti como paciente dos coñecementos necesarios e facendo que sexas parte activa do tratamento, contrariamente ó abordaxe pasivo tradicional que é o máis coñecido (tes que recoñecer que desexas tirarte na camilla tan pronto entras...).


Así, como paciente debes comprender que en moitos casos a zona dolorosa non é a causa orixinaria desa dor, senón a que sufre as consecuencias dun desaxuste noutra parte do corpo (unha mala pisada pode ser o motivo desa dor que percibes na túa columna lumbar, unha alteración crónica postural na columna cervical pode estar detrás desa tendinopatía de hombro que non che da tregua ou ese nervio atrapado a nivel de cervical, hombro ou codo pode comprometerche a muñeca que tanto precisas para o teu traballo).


Todas estas alteracións non se van corrixir con tratamentos localizados, lonxe da orixe e acabarán sendo fonte recurrente de síntomas. E sí, a fisio desexa verche pronto pero sobre todo desexa que te recuperes!


Polo tanto, ten claro que aquel/a paciente que confía na súa fisioterapeuta e é activo/a á hora de colaborar no seu propio tratamento será o que máis beneficios atope na fisioterapia.


Somos un dos profesionais sanitarios máis comprometidos coa evolución dos nosos pacientes. Non vemos patoloxías ou síntomas aislados, tratamos persoas, coas súas circunstancias individuais, que ao mesmo tempo poden influir na súa doenza.


A valoración e terapia individualizada e orientada a cada paciente é imprescindible, pero unha alianza terapéutica fisioterapeuta-paciente é fundamental para ter éxito no tratamento levado a cabo.



Confía na túa fisio, colabora con ela!

12 views0 comments

Recent Posts

See All