• clinicaleticiagonz

Cal é a nosa visión da nutrición?

Non facemos dietas, aprenderás a comer mellor!


O noso principal obxetivo na consulta é que aprendas a alimentarte ben, adaptándote ás necesidades do teu organismo e modo de vida.




Unha dieta implica un final, un estilo de vida saudable é para sempre!





Hoxe en día temos acceso a todo tipo de información, na maior parte dos casos pouco contrastada ou moi xeralizada, que nos pode dificultar a nosa toma de decisións con respeto a temas tan básicos e de vital importancia coma a nosa propia alimentación e a da/os nosa/os filla/os.


Asíque queremos que aprendas a comer, que coñezas mellor o teu corpo, cómo funciona e qué precisa para estar san. Queremos que teñas unha visión da alimentación como algo positivo e de disfrute, non como un castigo diario, causa de culpabilidade e incluso maior estrés e ansiedade.


Ti eres a/o protagonista do teu cambio, a parte activa que toma as decisións finais e dende a consulta acompañarémosche neste proceso de mellora coa única finalidade de que te atopes mellor e gañes en saúde!


Hai distintos tipos de consulta que se poden adaptar a ti: de resolución de dúbidas e desmantelamento de mitos, de cambio de hábitos de alimentación, de seguimento para perda de peso ou mellora da composición corporal, de control dunha determinada enfermidade...


En calquera delas, a única premisa común é o máximo respeto pola túa opinión e as túas accións, así queremos que siga sendo e así nos definen aquelas persoas que xa nos coñecen e temos o pracer de traballar con elas!


Comezamos?





13 views0 comments

Recent Posts

See All